Xa está á venda Singularity

venres, 25 de xuño do 2010 Marcus Fernández

As tendas de videoxogos reciben hoxe a Singularity, un novo título de Raven Software (compañía con 20 anos no mundo dos videoxogos) que xoga co paso do tempo e o desenvolvemento dunha conspiración acontecida na Guerra Fría, que «combina á perfección a intriga e a ciencia ficción» segundo Brian Raffel, director de Raven, quen destaca o seu interese en crear un título de acción en primeira persoa que conte con modo de xogo en liña.
Singularity está dispoñible para Xbox 360, PlayStation 3 e PC, e polo seu contido violento, gore e sanguento, así como polo seu vocabulario, non está recomendado para menores de 18 anos.
O xogo sitúase nunha trama ao redor da illa rusa Katorga-12, que agocha segredos, e onde os xogadores deberán loitar contra criaturas terroríficas á vez que teñen flashbacks para enriquecer a historia (provocando saltos no tempo entre o presente e 1950). Farase uso dun poderoso arsenal e dun especial Dispositivo de Manipulación do Tempo, que é a característica máis peculiar deste título que ofrece unha experiencia multi-xogador única na que as Forzas Especiais Rusas deberán enfrontarse a terribles criaturas coma os Zek, os Phase Tick e os Radion.

PUBLICIDADE