Xerais edita os seus 2 primeiros e-books
martes, 10 de novembro do 2009
Levamos varias semanas
avisando de que as editoras galega están a prepararse para a revolución dixital
que está a vivir o sector do libro, e Xerais escribe un novo capÃtulo desta
historia co lanzamento de dúas das súas novidades tanto en papel como en
formato electrónico.
Os
primeiros tÃtulos en editarse en formato e-book de Xerais son Sete palabras de Suso de Toro e Dime algo sucio de Diego Ameixeiras,
ambos da colección Narrativa que esta semana chegan ás librarÃas e que xa poden
adquirirse coma descarga no espazo
de xerais en Todoebook.
A ausencia de soporte das edicións electrónicas tradúcese tamén no seu prezo, e
asÃ, mentres en papel Sete
palabras está á venda por 19 euros, coma
descarga en formato PDF (nos vindeiros dÃas tamén estará dispoñible en EPUB) custa
13,30 euros, mentre suqe Dime
algo sucio custa 15,80 e
11
euros respectivamente, ou sexa, que o e-book suporÃa un aforro do
30%.
Grazas a un acordo con Publidisa, as obras en formato dixital tamén estarán
presentes nas tendas de e-books de El Corte Inglés, La Casa del Libro
e a LibrerÃa Ghandi,
entre outras.
Dende Xerais tamén apuntan que nos vindeiros meses irán ampliando o seu
catálogo de e-books, con tÃtulos das coleccións Narrativa, PoesÃa e Ensaio,
incorporando tanto novidades coma material descatalogado.