Xorde un cliente de Telegram para Android en galego
mércores, 26 de febreiro do 2014
A primeiros de mes demos conta dunha
versión en galego de Webogram, o cliente web de Telegram, comentando tamén
que estaba a traballarse na tradución da emerxente ferramenta de mensaxerÃa
instantánea, pero alguén decidiu adiantarse a este traballo de tradución e
publicou en
Google Play a aplicación Galegram, facilitando unha interface de Telegram
en galego (que de desinstalar antes a aplicación oficial permite conservar as
conversas previas) aÃnda que cunha tradución un tanto deficiente e dun autor
sen identificar claramente (parece responder ao nome de Miguel Carrillo, pero a
ficha da aplicación sorprende ao remitir á páxina web do SERGAS).
Esta aplicación non conta coas mesmas prestacións que a aplicación oficial de
Telegram para Android, senón que presenta algunhas carencias (non deixa compartir
arquivos dende outras aplicacións) e tamén algunha opción adicional (como poder
ocultar a hora da última conexión).