Xreal crea a marca XBX para lentes con pantalla económicas
xoves, 28 de maio do 2026
Xreal anunciou o lanzamento dunha nova submarca chamada X by Xreal (XBX), coa que busca ofrecer lentes de realidade aumentada máis accesibles economicamente. O primeiro produto desta liña será as novas a01, un modelo que chegará ao mercado estadounidense en xullo cun prezo de 299 dólares, bastante por debaixo dos 449 dólares das Xreal 1S (que en España teñen un prezo oficial de 499 euros).
As XBX a01 manteñen o enfoque habitual das lentes da marca, funcionando como unha pantalla portátil conectada mediante cable a dispositivos externos como smartphones, portátiles ou consolas tipo Steam Deck. O sistema proxecta unha imaxe virtual diante dos ollos do usuario mediante un panel HDR10 de 1.600 nits de brillo, aÃnda que cun campo de visión máis reducido ca nos modelos superiores: 50 graos fronte aos valores máis amplos das XREAL 1S e One Pro. A experiencia resultante equivale, segundo a marca, á visualización dunha pantalla virtual de 147 polgadas a 4 metros de distancia.
O novo modelo aposta tamén por un deseño máis lixeiro, cun peso de só 62 gramos grazas ao emprego de nailon na estrutura e a unha redución do grosor das lentes. Outro dos elementos diferenciais son as monturas frontais intercambiables, dispoñibles inicialmente en tres estilos chamados Sport, Stealth e Classic, permitindo adaptar o aspecto das lentes a distintos usos ou preferencias estéticas.
Entre as funcións destacadas figura un sistema de estabilización denominado spatial anti-shake algorithm, que promete reducir os efectos das vibracións e movementos bruscos durante o uso en medios de transporte como avións, metros ou trens. A tecnoloxÃa busca manter a claridade da imaxe e evitar sensacións de trepidación visual mesmo sen incorporar seguimento avanzado de movemento e rotación da cabeza, presente noutros modelos máis caros.
As a01 non integran baterÃa propia, polo que precisan permanecer conectadas por cable ao dispositivo que fornece o sinal de vÃdeo e a alimentación eléctrica. O produto xa está dispoñible na China e o seu lanzamento nos EE.UU. está previsto para xullo.
AÃnda que o prezo parece o grande reclamo desta nova liña de lentes de Xreal, podemos entender que realmente o importante é o seu deseño máis xuvenil, xa que a marca mantén no mercado modelos anteriores das súas lentes a prezos moi agresivos, como as Xreal Air 2, que actualmente poden adquirirse a un prezo de 199 euros, polo que a porta de acceso a esta tecnoloxÃa a está a un nivel bastante reducido.
