Yahoo! comprométese a non estragar Tumblr coa súa compra
luns, 20 de maio do 2013
A
compra de Tumblr por parte de Yahoo! vén de anunciarse oficialmente, nunha
operación valorada nuns 1.100 millóns de dólares en efectivo e, ante o temor
dos usuarios de Tumblr de que o servizo poda verse afectado, co compromiso de
non estragalo, de xeito que Tumblr manterá a súa independencia, mantendo o
posto de director xeral David Karp.
Actualmente Tumblr conta con máis de 300 millóns de usuarios únicos ao mes e
ten unhas 120.000 altas diarias, converténdose nunha das plataformas sociais de
maior crecemento do mundo. Tumblr rexistra 900 entradas por segundo e máis da
metade dos seus usuarios acceden ao servizo dende o móbil, gañando cada vez
unha maior popularidade, polo que a súa absorción por parte de Yahoo! buscarÃan
principalmente agregar as súas visitas para gañar audiencia. Deste xeito, ambas
compañÃas poderán colaborar para crear oportunidades publicitarias e achegar
unha mellor experiencia de uso.
A operación de adquisición pretende consolidarse na segunda metade do ano.