bq actualiza os seus tablets

mércores, 26 de xuño do 2013 Marcus Fernández

Os cada vez máis populares tablets con Android de bq, concretamente as súas familias Curie, Edision e Maxwell, renóvanse, especialmente a nivel de software, incorporando un sistema de actualizacións OTA (over the air) que permite a instalación automática de actualizacións dende o propio dispositivo e un modo de aforro de enerxía que, mediante o control do consumo da CPU e do brillo da pantalla consegue aforrar ata un 25% de batería. Dende bq tamén insisten en que os seus tablets con Android 4.1 só inclúen as aplicacións imprescindibles, evitando o consumo innecesario de recursos.

O bq Edison 2 supón a actualización dun dos tablets estrela de bq

Os novos dispositivos poden identificarse claramente pola incorporación dun 2 no seu nome, e serían concretamente o bq Edison 2, cunha pantalla IPS e 10,1 polgadas, que agora conta cunha batería de 8.600 mAh (o que achégalle unha autonomía de ata 10 horas) e unha nova carcasa traseira de aluminio, que está á venda por 199,90 euros na súa versión con Wi-Fi e 249,90 euros con 3G; e o bq Curie 2, con pantalla IPS de 8 polgadas que integra unha nova memoria interna eMMC que se ocupa da xestión do almacenamento de xeito autónomo e está á venda por 169,90 euros con Wi-Fi e 199,90 euros con 3G. Outros tablets que se actualizarán en breve (aínda non figuran na páxina web de bq) son os bq Maxwell nas súas 3 variantes (normal, Lite e Plus).

PUBLICIDADE