bq incorpora ao seu catálogo un smartphone a 99,90 euros
luns, 16 de setembro do 2013
O salto da compañÃa española bq dos eReaders aos tablets foi
todo un éxito, polo que continuaron cos smartphones, con dispositivos con
Android con pantalla de 4,5 e 5 polgadas á venda por 179,90 e 199,90 euros
respectivamente, aos que agora engádese un móbil aÃnda máis asumible, o Aquaris 3.5, que
por
99,90 euros ofrece un smartphone con pantalla IPS de 3,5 polgadas de 320 x
480 pÃxeles, Android 4.2, procesador de dobre núcleo a 1,4 GHz, 1 Gb de RAM, 4
Gb de almacenamento interno (aos que hai que sumar unha tarxetas microSD de 4
Gb incluÃda), cámaras de 2 e 0,3 MpÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth e radio FM.
Este interesante móbil ten como grandes vantaxes o seu axustado prezo e a
posibilidade de funcionar con 2 tarxetas SIM á vez, mentres que a súas
desvantaxes serÃan a reducida resolución de pantalla e a súa limitada baterÃa
(de só 1.200 mAh). O seu grosor é de 11,5 milÃmetros e o seu peso de 110
gramos, polo que estarÃa na liña do resto de móbiles de tal gama. Está
dispoñible con carcasa en cor negra, agardándose que en breve estea tamén
dispoñible en branco.