i-Joy pon á venda un tablet con Android 4.0 e pantalla de 9,7 polgadas
xoves, 26 de abril do 2012
Cada vez son máis os tablets con Android 4.0.3 que chegan ao
mercado a prezos económicos, e imitando a aparencia externa do iPad orixinal,
cunha pantalla IPS de 9,7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles,
chega o tablet Silken de i-Joy, que funciona cun procesador Boxchip A10 a 1,2
GHz, gráfica 3D a 400 MHz, 1 Gb de memoria RAM, 8 Gb de almacenamento interno
ampliable mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb, Wi-Fi N, altofalantes
estéreo, cámaras de 2 e 1,3 Mpíxeles, 2 portos mini USB, saída HDMI e batería
de 8.000 mAh (permitindo reproducir vídeo durante 7 horas e media), que vén
de pórse á venda por 199 euros.
Amais, este tablet de 24,2 x 19 x 0,9 centímetros e 680 gramos de peso tamén
pode conectarse á Internet a través de 3G a través dun adaptador USB.
- O novo tablet de i-Joy mide 24,2 x 19 x 0,9 centímetros