nVIDIA achegará aos portátiles gráficas capaces de correr realidade virtual
martes, 16 de agosto do 2016
Agora que os videoxogos soporta ultra alta definición e
xorden numerosas solucións de realidade virtual os ordenadores persoais
precisan de tarxetas gráficas de grande potencia, o que normalmente está
afastado dos equips portátiles, algo que nVIDIA quere atallar, polo que presenta
versións para portátiles das súas gráficas GeForce GTX 1080, 1070 e 1060,
de xeito que a nova arquitectura Pascal pode introducirse en ordenadores de
pequeno tamaño e consumo relativamente axustado, converténdose nunha boa opción
para postos de realidade virtual baseados en Oculus Rift ou HTC Vive que poidan
trasladarse.
Dende nVIDIA recoñecen que apostaron por estas gráficas ante as previsións de
que os portátiles para gamers van
incrementar as súas vendas a un ritmo moi superior que outras plataformas de
xogos (como equipos de escritorio e consolas de sobremesa), e quixeron atender
as novas demanda de potencial coa súa Serie 10 de gráficas GTX.
Aínda que normalmente os portátiles destinados aos xogos tenden a ter unhas
aparencias moi agresivas e un grosor esaxerado, pero grazas ás novas gráficas
integradas de nVIDIA temos como é posible que existan portátiles como un Razer
Blade con 18 milímetros de grosor e 1,8 quilos de peso capaz de correr
aplicacións de realidade virtual e mantendo un prezo bastante contido (custará
1.299 dólares nos EE.UU.). De feito, serán moitas as marcas que se sumen a este
tipo de produtos nos vindeiros meses, como Acer, Asus, Gigabyte, HP ou Lenovo,
polo que será doado atopar portátiles antes do Nadal que permitan levar a
experiencia de realidade virtual a todas partes, o que supón un importante
salto fronte ao escenario actual.
- As novas gráficas permitirán empregar cascos de realidade virtual en mobilidade
Vídeo de presentación das novas gráficas nVIDIA GTX para ordenadores portátiles