nVIDIA presenta as novas gráficas GeForce RTX serie 40
martes, 20 de setembro do 2022
Tras uns anos nos que as tarxetas gráficas eran un produto
de elevada demanda por mor do minado de criptomoedas, a situación normalizouse,
e hai esperanza de que a vindeira xeración de gráficas poida adquirirse con
normalidade, de aà que resulte moi prometedora a presentación das novas
tarxetas gráficas nVIDIA GeForce RTX serie 40.
Foi
o director xeral de nVIDIA, Jensen Huang, o encargado de presentar os novos
produtos da súa compañÃa, destacando que a intelixencia artificial está a
ser a chave dos avances dos que se beneficiarán de xeito máis directo os
xogadores e os creadores de contido.
O propio Huang aseguran que a nova xeración de gráficas GeForce RTX serie 40
con arquitectura nVIDIA Ada Lovelace supoñen «un salto cuántico» que prepara o
terreos aos creadores para mundos totalmente simulados. Esta nova tecnoloxÃa
fai uso da intelixencia artificial en funcións como o DLSS 3, que consegue
mellorar o desempeño de xogos multiplicándoo por 4 en comparación coa
interpretación gráfica baseada en forza bruta.
As primeiras gráficas de nova xeración en saÃr á venda serán as GeForce RTX
4090, que chegarán ao mercado o 12 de outubro con 24 GB de memoria e 16.384
núcleos CUDA a un prezo de 1.599 dólares; mentres que a GeForce RTX 4080
chegará en novembro con 16 GB de memoria e 9.728 núcleos CUDA por 1.199 dólares
e con 12 GB de memoria e 7.680 núcleos CUDA por 899 dólares.
En liñas xerais as novas gráficas conseguen até o dobre de rendemento e
eficiencia enerxética en streaming, en trazado de raios e en intelixencia artificial,
facendo que os gráficos ultra-realistas sexan cada vez máis populares; aÃnda que
non só os xogos se benefician das posibilidades de procesamento destas tarxetas,
que tamén teñen un grande impacto na creación de gráficos en 3D, na edición de
vÃdeo e no deseño gráfico; integran un codificador de vÃdeo de 8ª xeración que permite
facer retransmisións de vÃdeo de alta calidade compatible con codificación AV1;
e permite aproveitar a intelixencia artificial para mellorar os directos de
vÃdeo (con fondos virtuais, eliminación de ruÃdo e outras melloras). Como
exemplo destas posibilidades, aseguran que coas RTX serie 40 podemos empregar OBS
Studio para gravar grandes vÃdeos de gameplay en 8K a 60 imaxes por
segundo; mentres que os editores de vÃdeo poden realizar rotoscopias en DaVinci
Resolve un 70% máis rápido que coas gráficas do ano pasado.
VÃdeo coa presentación de nVIDIA