reMarkable: a tableta que quere substituÃr ao papel
venres, 2 de decembro do 2016
A
substitución do papel como soporte de lectura é algo que os eReaders están a
perseguir activamente, pero como soporte de escritura as pantallas táctiles con
stylus non están conseguindo a mesma
fortuna, polo que propoñen unha interesante tableta chamada reMarkable, que serÃa unha mestura entre
ambos conceptos: terÃan unha pantalla de 10,3 polgadas de tinta electrónica
monocroma sobre a que poder escribir con lapis que rexistra a inclinación e
2.048 niveis de presión para conseguir replicar con bastante éxito o
comportamento do papel real.
Este novo produto estarÃa orientado aos amantes do papel, que non queren empregar
tabletas tradicionais, non só pola súa tecnoloxÃa de pantalla, senón tamén polo
feito e que ao ser dispositivos multi-función distraen ao usuario cun bombardeo
constante de información (chÃos, correos electrónicos e notificacións de todos
tipo).
AsÃ, reMarkable serÃa
un dispositivo moi práctico para os que buscan unha experiencia análoga á do
papel, facilitando a realización de anotacións ou de bosquexos, coa vantaxe
de que cunha solución baseada en tinta dixital é posible organizar e almacenar
todos os nosos documentos de xeito virtual, evitando a acumulación de papeis e permitindo
incluso compartir as anotacións e os deseños sen ter que facer copias impresas.
A tecnoloxÃa de pantalla de reMarkable destacarÃa non por ter resposta táctil,
senón pola velocidade da súa tinta,
xa que ten unha latencia de só 55 milisegundos, mentres que moitos eReaders non
serÃan capaces dunha experiencia satisfactoria porque a pantalla tardarÃa
demasiado tempo en reflectir os trazos do usuario, creando unha sensación moi
incómoda para o usuario.
Estamos ante un produto bastante atractivo, que como principal eiva ten un
prezo moi elevado, xa que a súa primeira edición (supostamente rebaixada)
custarÃa 379 dólares (355 euros), o que parece demasiado para un simple
substituto do papel, aÃnda que non faltará quen queira gozar desta tecnoloxÃa
que non chegará á súa fase de produción até o verán de 2017.
As especificacións do trebello detallas que ten un tamaño de 256 x 177 x 6,7
milÃmetros e 350 gramos de peso, formato ao que están bastante afeitos os usuarios
das tabletas actuais; a súa pantalla de 10,3 polgadas terÃa unha resolución de
1.872 x 1.404 pÃxeles (226 puntos por polgada); funcionarÃa cun procesador ARM
A9 a 1 GHz, 512 MB de RAM (DDR3L), 8 GB de almacenamento interno, conectividade
Wi-Fi e baterÃa de 3.000 mAh; e aÃnda que esteamos ante un dispositivo
orientado a suceder aos cadernos de notas, tamén servirá para ler documentos en
PDF e ePUB, ou sexa, como un lector de informes e libros electrónicos, o que si
agradecerán moitos afeccionados á lectura que non estean conformes coas
reducidas dimensións das pantallas dos eReaders actuais (6 polgadas).
- A tableta non só pode empregarse para tomar notas, senón que incluso é válida para debuxar
Video de presentación da tableta reMarkable