Google merca Feedburner

xoves, 24 de maio do 2007

Tras varios días con rumores sobre o asunto, confírmase que Google merca Feedburner por uns 100 millóns de dólares en efectivo, de xeito que a compañía de Brin e Page controlará ó servizo de administración de fluxos RSS que xestiona actualmente unhas 721.074 fontes (non só de blogs, senón tamén de grandes medios como a axencia Reuters ou IDG), así como tamén xestiona publicidade en blogs e incluso leva unha canle de publicidade en español.
Agárdase que os negocios publicitarios de Feedburner se integren en Adsense, e os seus servizos de estatísticas fagan o propio con Google Analytics.

PUBLICIDADE