28 axentes das aulas CeMIT comezan a súa formación
xoves, 7 de abril do 2011

- Imaxe dun curso desenvolvido no Centro Multimedia de Galicia o ano pasado
A aula CeMIT do Centro Multimedia de Galicia acolle hoxe unha xornada de formación para os axentes TIC que xestionarán as actividades das aulas CeMIT de 28 concellos. Proximamente, celebrarase a segunda edición desta xornada ata completar a formación dos 53 axentes TIC da Rede Centros de Modernización e Inclusión Tecnolóxica.
O curso que comeza hoxe consta de dúas xornadas presenciais e 150 horas de teleformación. Nesta primeira xornada presencial os axentes TIC coñecerán en profundidade a Rede CeMIT, os seus obxectivos dentro da estratexia de 2014.gal Axenda Dixital de Galicia, a carta de servizos e o Plan de Formación dispoñible para a cidadanÃa, os profesionais e as empresas.
Ademais, os axentes recibirán información detallada sobre o procedemento de xestión das aulas e das ferramentas das que disporán para o desenvolvemento do seu traballo diario. Finalmente, e se lles explicará o funcionamento da plataforma de formación na que accederán aos 6 módulos de curso de formación en liña.
A finalidade deste curso é formar ás persoas encargadas de xestionar os centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica co obxectivo de potenciar os seus coñecementos e dotalos dos recursos necesarios para atender ás necesidades dos usuarios da rede.
Nesta primeira xornada estanse a formar os axentes da aulas CeMIT dos concellos de Arzúa, Betanzos, Boiro, Cerceda, Mugardos, Sada, San Sadurniño, Vilasantar, Burela, Carballedo, Guitiriz, O Vicedo, Sarria, A Bola, Boborás, Castrelo de Miño, Leiro, Manzaneda, Ribadavia, Sarreaus, Viana do Bolo, Vilar de Santos, Xinzo, A Guarda, Cuntis, Campo Lameiro, Porriño e Ponteareas.
