A AETG conmemora o Día das Telecomunicacións cunha xornada sobre maiores e tecnoloxías

venres, 13 de maio do 2022 S. P.

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organiza o encontro virtual Maiores e dixitalización en conmemoración do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2022 (o vindeiro 17 de maio, tamén Día das Letras Galegas).
Farao coa participación de PuntoGal e a Cruz Vermella Galicia. Será o vindeiro 20 de maio ás 11.30 horas e consistirá nun coloquio no que os participantes achegarán a súa visión sobre a situación actual das persoas maiores ante a dixitalización e as tendencias futuras.
Trátase dun acto organizado pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) enmarcado no plan de accións de difusión de 2022, en virtude do convenio coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información durante o ano 2022.

PUBLICIDADE