A Cámara da Coruña canalizou máis de 380.000 euros en axudas para a dixitalización de 100 empresas
xoves, 4 de novembro do 2021
A
Cámara do Coruña fixo un novo balance da súa actividade destinada
a favorecer a transformación das empresas da contorna. Segundo
informou, foi quen de canalizar máis de 380.000 euros en axudas para
a innovación e a dixitalización dun centenar de pequenas e medianas
empresas.
Tamén
fixo saber que estes programas TIC responden ao interese da entidade
“por impulsar un ecosistema empresarial innovador, que sexa capaz
de adaptarse a unha contorna cada vez máis global e internacional”.
Todos estes programas están co-financiados polo Fondo Europeo de
Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.
Os
programas estrutúranse en dous partes. Nunha primeira fase realízase
un diagnóstico e unha serie de recomendacións. Unha vez finalizada
esta fase, a empresa pon en práctica as recomendacións que resulten
necesarias mediante axudas directas á implantación.
Diferentes
liñas de actividade complementarias
En
primeiro lugar, o o programa Innocámaras está deseñado para
contribuír á mellora da competitividade das pequenas e medianas
empresas mediante a adopción de metodoloxías que permitan
incorporar a innovación de modo sistemático á súa actividade
habitual.
O
programa de Competitividade Turística ten como obxectivo principal
contribuír á mellora competitiva do sector turístico, a través de
medidas que establezan as bases axeitadas para o seu desenvolvemento,
fomentando a adopción da cultura da innovación e o uso das TIC
(Tecnoloxías da Información e a Comunicación).
Co
programa TICCámaras, a entidade achega solucións para mellorar a
competitividade dos negocios a través da incorporación de novas
tecnoloxías, como ferramentas de produtividade na nube, comercio
electrónico ou mercadotecnia dixital.
O
programa Ciberseguridade, pola súa banda, céntrase no
desenvolvemento de plans de apoio á implementación da protección
dixital das pemes. Esta actuación ten como obxectivo principal
“impulsar o uso seguro e fiable do ciberespazo, protexendo os
dereitos e as liberdades dos cidadáns e promovendo o progreso socio
económico, así como maximizar as oportunidades que ofrecen para
mellorar a súa produtividade e competitividade”.
O
último dos programas que a entidade impulsou nesta materia é
Industria 4.0, que ten como obxectivo a transformación dixital das
pemes do sector industrial, axudándoas a integrar ferramentas
competitivas clave e a maximizar as oportunidades que a denominada
Industria 4.0 ofrécelles para reactivar a súa actividade.
A
maiores, a Oficina
Acelera Peme da Cámara da Coruña (co-impulsada en colaboración
con Red.es) achega atención gratuíta e personalizada a pequenas e
medianas empresas, micropemes, autónomos e emprendedores da área
interesadas en comezar ou en avanzar nos seus procesos de
dixitalización, pero tamén axuda a pemes provedoras de tecnoloxía
a introducir os seus produtos e solucións no mercado.
