A Cámara da Coruña retoma a formación con ducias de cursos centrados na transformación
martes, 13 de setembro do 2022
A
Cámara
de Comercio da Coruña programou máis de 60 novas actividades de
formación dirixidas a empresas neste último treito de 2022. A
axenda de actividades, moi envorcada na capacitación tecnolóxica
das pemes, achéganse en formato presencial, hÃbrido, online
ou en streaming.
En
modalidade presencial, a Cámara contempla cursos sobre xestión da
innovación, desenvolvemento de liderado, Excel avanzado, habilidades
para a xestión da tensión ou competencias de venda, entre outras,
apostando por revalorizar novamente esta modalidade formativa. Neste
capÃtulo dous dos cursos programados contan cun formato hÃbrido: un
sobre Revit Architecture e outro sobre Business
Intelligence.
Respecto
da vertente en liña, inclúe uns corenta cursos, abranguendo estes
diversas temáticas de interese actual como deseño de plans de
igualdade, Incoterms 2020, project management,
dirección comercial e mercadotecnia, Excel, medios de pago e
financiamento internacional, xestión da PRL en pemes e micropemes,
traballo en equipo e operativa do transporte internacional. Todos
eles poderán cursarse a través da plataforma que a Cámara ten para
ese efecto.
En
2021 participaron nestas actividades formativas máis de 300
empresas.
