A Cámara de Santiago mostra nunha xornada como facer avanzar a nosa empresa en materia de ciberseguridade

venres, 10 de decembro do 2021 S. P.

A Cámara de Santiago vai organizar o vindeiro 12 de decembro, en horario de mañá (de 11.00 a 12.00 horas) un seminario centrado na importancia de protexer a nosa actividade empresarial e profesional no ámbito dixital. Trátase da xornada de sensibilización É a ciberseguridade só para grandes empresas?
Contarase co apoio do CSIRT.gal (Centro de Resposta a Incidentes de Ciberseguridade da axencia autonómica AMTEGA) e coa colaboración do Departamento de Competitividade de Cámara España para o programa Ciberseguridade.
Justo López Romero, experto en goberno, riscos e protección en liña, será o encargado de impartir os contidos. Tocaranse temas de actualidade en materia de salvagarda da información e as comunicacións e como mellorar e optimizar a ciberseguridade no seo da nosa empresa. Ao finalizar a súa exposición abrirase unha quenda de preguntas entre os participantes.