A Deputación de Lugo expón no Tour de Talento as posibilidades de emprego de ReinÃciate
mércores, 3 de maio do 2023
O
Tour do
Talento recalou estes dÃas en Lugo e unha das persoas encargadas de
recibilo foio deputado de Promoción Económica e Social, Pablo
Rivera, Capón, que no marco desta xira presentou os detalles do
programa ReinÃciate.
Trátase dunha iniciativa de formación transformadora que impulsa a
Deputación de Lugo en colaboración coa Escola de Organización
Industrial (EOI), dependente do Ministerio de Industria, Comercio e
Turismo, para favorecer a transformación dixital das pequenas e
medianas empresas, e persoas autónomas da provincia, e para fomentar
a empregabilidade dos mozos e mozas, e dos parados de longa duración.
Rivera
Capón explicou a iniciativa durante a mesa redonda Retos ASG nos
PolÃgonos do Ceao e As Gándaras, celebrada na praza Horta do
Seminario, compartindo foro co secretario xeral da Federación Galega
de Asociacións de Parques Empresarias (FEGAPE), David Sobral.
O
Tour do Talento, iniciativa impulsada pola Fundación Princesa de
Girona co Concello de Lugo, desenvolverá ata o venres 50 actividades
na capital da provincia para impulsar e poñer en contacto o talento
dos mozos e mozas da provincia.
ReinÃciate
Dende
a Deputación de Lugo xunto coa Escola de Organización Industrial
(EOI) preséntase este programa de apoio á dixitalización da
mocidade da provincia de Lugo, dando resposta asà á necesidade de
inserción laboral que todos os mozos teñen. Deste xeito,
reforzarase a empregabilidade e as competencias profesionais dos
mozos desempregados que non estean integrados nos sistemas educativos
ou formativos.
O
catálogo de cursos, cen por cen de balde, inclúen os seguintes
contidos: mercadotecnia dixital, informática (ciberseguridade e
programación de aplicación para Android e iOS), dixitalización,
loxÃstica e sustentabilidade.
