A Deputación de Lugo lanza MencIA, unha estratexia propia de IA para a provincia
venres, 22 de maio do 2026
A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, compartiu esta semana no Pazo de San Marcos os detalles dun fito para Galicia no ámbito da transformación tecnolóxica: a presentación de MencIA, unha estratexia propia de intelixencia artificial para a provincia.
FÃxoo acompañada polo deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e polos xefes dos servizos de Comunicación e TIC e de Innovación e Participación Cidadá, Nicolás Fariña Verea e José Antonio Arias Lombardero.
O Salón de Actos da sede provincial reuniu traballadores da institución, alcaldes dos distintos concellos e outros responsables polÃticos.
«Este cambio xa está aquÃ. A intelixencia artificial vai transformar a maneira de traballar das institucións, e nós tiñamos claro que a Deputación de Lugo non podÃa quedar esperando a ver que facÃan os demais», asegurou a presidenta, que tamén explicou que desde a institución «tiñamos que prepararnos, pero facéndoo ao noso xeito: desde o público, con garantÃas, con control sobre os datos e pensando na realidade concreta desta provincia».
López lembrou tamén que o vindeiro martes, 26 de maio, o Goberno provincial levará ao pleno unha proposta para aprobar definitivamente MencIA como a Estratexia de Intelixencia Artificial da Deputación de Lugo para os próximos anos.
A prol dos servizos públicos
López subliñou que MencIA mobiliza recursos que os concellos, pola súa conta, dificilmente poderÃan desenvolver de maneira integral. A presidenta incidiu en que a provincia de Lugo conta con 67 concellos e que 66 deles teñen menos de 20.000 habitantes, «o que significa que falar aquà de intelixencia artificial é falar tamén de cohesión territorial e de igualdade de oportunidades».
A intención é que a transformación dixital non aumente a distancia entre territorios, senón que contribúa a reducila «a través dun modelo propio, feito pola Deputación, baseado en código aberto e pensado para ofrecer un mellor servizo aos nosos veciños e veciñas. Un modelo no que a supervisión humana segue sendo fundamental, no que os datos permanecen baixo control institucional e no que a transparencia forma parte do propio deseño da estratexia». Tamén destacou a importancia do uso do galego, «porque a nosa lingua ten que estar tamén nos espazos onde se vai construÃr o futuro».
Catro piares da IA da Deputación
O deputado e os técnicos explicaron que MencIA parte dunha idea de soberanÃa tecnolóxica realista, «de tal maneira que os datos sensibles non abandonen os servidores da institución». A estratexia estrutúrase arredor de catro piares: gobernanza e cumprimento, centrado nos principios reitores, os órganos de goberno e os mecanismos de control normativo; transformación dixital interna, co Laboratorio MencIA como núcleo para mellorar a eficiencia dos servizos provinciais; IA ao servizo dos municipios, vinculada á asistencia aos concellos; e ecosistema territorial e innovación, orientado á colaboración co tecido institucional, universitario e empresarial galego.
A Deputación explicou ademais que MencIA se materializará a través de dous eixos operativos: un interno, representado polo propio Laboratorio MencIA, e outro territorial, articulado arredor do Centro de Innovación Territorial (CIT) da provincia de Lugo.
Laboratorio MencIA será a infraestrutura tecnolóxica propia da Deputación para o desenvolvemento e a despregadura de sistemas de IA de código aberto. Esta plataforma estrutúrase en tres compoñentes: un motor, correspondente á infraestrutura que executa os modelos de IA; unhas mans, formadas polas aplicacións e asistentes que permiten interactuar co sistema; e un cerebro, encargado de conectar todos os elementos para que funcionen de maneira coordinada.
Aplicacións e asistentes ao servizo do persoal
Laboratorio MencIA contará tamén con distintas aplicacións que permitirán realizar tarefas mecánicas e complexas en menos tempo e cun máximo de tres interaccións, facilitando o traballo do persoal para que poida centrarse en cuestións de maior valor engadido. Entre as ferramentas previstas figuran un resumidor de documentos, un extractor de texto, un transcritor de audio, un monitor de edictos do BOE, un xestor intelixente do correo electrónico, un almacén de instrucións, unha calculadora de prazos da Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público e un analizador de convocatorias de axudas e subvencións.
O sistema contará tamén con asistentes especializados cos que o usuario poderá interactuar mediante conversación natural. Un dos aspectos destacados é que estarán adestrados con instrucións especÃficas e cunha base de coñecemento pechada, de xeito que non accederán a Internet nin a información allea ao seu ámbito asignado. Entre os exemplos citados figuran un profesor de IA, un asistente para elaborar memorias xustificativas en contratos, outro de contratación pública en entidades locais, un asesor en función pública, un centro de atención a usuarios, un asistente de documentación e formación operativa, un creador de prompts para axudar a redactar instrucións claras para outras ferramentas de IA, un arquitecto de asistentes personalizados e un asistente analÃtico con procura web.
Un horizonte de catro anos
A Deputación detallou que MencIA terá un horizonte de implantación de catro anos. A primeira fase incluirá a posta en produción de oito aplicacións e nove asistentes, asà como a aprobación definitiva da estratexia no pleno provincial. Durante o segundo semestre de 2026 e comezos de 2027 prevese a constitución do Comité de Gobernanza e o lanzamento dos primeiros proxectos piloto. O despregadura interna completa está prevista entre 2027 e 2028, coa previsión de que o novo ecosistema quede consolidado ao remate do perÃodo de implantación.
