A Fundación forGA oferta varios cursos de ofimática de balde para traballadores en activo

venres, 7 de setembro do 2007 Raquel Noya

A Fundación forGA vén de anunciar a posta en funcionamento dun proxecto de formación dirixido a traballadores en activo do sector das telecomunicacións. Dita iniciativa está aberta @s traballador@s daquelas empresas do eido das telecomunicacións de menos de 250 empregados e empregadas que desexen complementar a súa formación académica con distintos programas de ofimática.
Os cursos ofertados por forGA nesta ocasión son:
- Procesador de textos: básico e avanzado.
- Follas de cálculo: básico e avanzado.
- Bases de datos: básico e avanzado.
- Presentacións: básico e avanzado.
- Deseño de páxinas web: básico e avanzado.
Os devanditos cursos son de balde, ó estar financiados polo Fondo Social Europeo así como pola Xunta de Galicia; todos eles son de 20 horas de duración e está previsto que o seu horario sexa de 20:30 a 22:30 de luns a venres.
Os interesados en asistir ás clases, deberán contactar coa fundación a través dos teléfonos 981 941 629 ou 981 530 257 ou ben achegarse persoalmente ás instalacións de forGA, situadas no Polígono Empresarial Novo Milladoiro. Rúa Palmeira, Parcela 21-A, Milladoiro, Ames.

PUBLICIDADE