A Industriosa achega unha xornada sobre ciberseguridade orientada ao ámbito doméstico
martes, 14 de abril do 2026
A Industriosa, espazo de creación tecnolóxica de Vigo, vai acoller este mes de abril unha xornada que mostra e comparte recursos para garantir unha relación segura coas novas tecnoloxÃas da información. A xornada Ciberseguridade orientada ao ámbito doméstico celebrarase o sábado 25 de abril ás 11.30 horas.
Nesta charla abordaremos cuestións clave para mellorar a seguridade dixital no dÃa a dÃa da casa.
Na xornada falarase de contrasinais e dos distintos medios de autenticación, 2FA, TOTP e passkeys, hardening do router, segmentación de rede con VLANs e DNS privado. Tamén serán abordadas cuestións como a suplantación de identidades (phishing), ransomware, botnets da Internet das Cousas (IoT), privacidade en liña, etc.
Para rematar, presentase un pequeno playbook básico de resposta ante incidentes no que amossar que facer (e que non facer) cando algo falla, para actuar con máis criterio, reducir riscos e evitar empeorar a situación.
Para participar cómpre realizar a inscrición gratuÃta en Meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
