A Insta360 GO 3 incorpora unha pantalla externa sen fÃos
martes, 27 de xuño do 2023
En 2019 chegou ao
mercado chegou ao mercado a Insta360 GO, a cámara estabilizada máis cativa do
mundo, que podiamos entender como unha cámara persoal (xa que pode colocarse na
roupa dun xeito bastante cómodo, para rexistrar o que temos diante) e en
2021 renovouse incorporando un estoxo de carga para mellorar a súa autonomÃa.
PrevÃase asà que este ano chegase a Insta360 GO 3, e
por fin é unha realidade, mantendo o seu formato compacto e lixeiro (pesa só 35
gramos) e estreando un accesorio revolucionario: o Action Pod.
Este novo complemento da Insta360 GO 3 serve como baterÃa externa (de xeito que
a GO 3 pode gravar até 45 minutos de xeito independente e até 170 minutos
conectada ao Action Pod), aÃnda que a súa prestación máis interesante é a súa
pantalla táctil abatible, facendo a cámara máis práctica para o vlogging
e podendo empregarse tamén de xeito remoto a través de Bluetooth (ou sexa, coa
cámara desconectada, facilitando asà a previsualización das capturas).
Cómpre advertir de que, aÃnda que a Insta360 GO3 ten resistencia á auga IPX8
(polo que pode empregarse até e a 5 metros de profundidade sen preocupacións) o
Action Pod só ten certificación IPX4 (ou sexa, resistencia a salpicaduras).
A Insta360 GO 3 Pode disparar fotografÃas e gravar vÃdeo até 2,7K. Conta con
efectos de cámara rápida e cámara lenta, coida a gravación de son estéreo
incluso reducindo o son do vento, e ten aplicacións para iOS e Android que fan
doado compartir en redes sociais os contidos que xeremos tirando proveito da
tecnoloxÃa de estabilización desenvolvida por Insta360, e que é a principal
vantaxe deste dispositivo.
A cámara parte dun prezo de 429,99 euros para a súa versión con 32 GB de
capacidade, estando xa dispoñible
en Amazon a versión de 64 GB a un prezo de 449,99 euros. A versión básica
inclúe o Action Pod, colgante magnético, soporte pivotante e clip, existindo
lotes con accesorios adicionais como un mini-trÃpode, unha carcasa para
mergullo ou con accesorios para montar a cámara nunha bicicleta.
VÃdeo promocional da Insta360 GO 3