A Internet incorpora a 24 novos membros ao seu Salón da Fama

martes, 8 de abril do 2014 Marcus Fernández

Novos membros do Salón da Fama da Internet

Hai un par de anos a Internet Society (ISOC) estreou unha especie de Salón da Fama (Hall of Fame) da Internet para recoñecer a pioneiros, innovadores e promotores que levaron á Rede a onde está hoxe, e esta tarde tivo lugar en Hong Kong a cerimonia de 2014 na que se recibían a novos integrantes deste espazo na historia da Internet.
Como novos pioneiros no Salón da Fama da Internet incorpóranse Douglas Engelbart, Rolf Nordhagen (ambos a título póstumo), Susan Estrada, Frank Heart, Dennis Jennings e Radia Perlman; recoñécese o papel de innovadores como Eric Allman, Eric Bina, Karlheinz Brandenburg, John Cioffi, Hualin Qian e Paul Vixie; e completáronse as incorporación cunha serie de figuras que están a contribuír actualmente á Sociedade da Información, como Dai Davies, Demi Getschko, Masaki Hirabaru (a título póstumo), Erik Huizer, Steven Huter, Abhaya Induruwa, Dorcas Muthoni, Mahabir Pun, Srinivasan Ramani, Michael Roberts, Ben Segal e Douglas Van Houweling. Cómpre destacar que a metade das figuras destacadas nesta selección de honra son estadounidenses, deixando claro o papel motor que tiveron os EE.UU. no desenvolvemento da Internet.

PUBLICIDADE