A Mariña de Lugo abre a porta da transformación tecnolóxica para o sector turístico
xoves, 3 de decembro do 2020
A
Casa da Cultura
de Foz acolleu este xoves a inauguración do Foro de Intelixencia
Turística da Mariña Lucense, organizado pola Mancomunidade dos
concellos do norte da provincia e que se centrou en mellorar a
competitividade e promoción do xeodestino e adaptalo ao mundo
dixital, un reto de transformación que se fai máis urxente coa
crise sanitaria e cun fortalecemento dos hábitos en liña dos
consumidores-viaxeiros. Na cita participou a deputada de Muller e
Igualdade, María Loureiro.
María
Loureiro puxo en valor a necesidade de dirixir “a nosa oferta
turística no mundo dixital para posicionarnos como destino
competitivo, trazar unha estratexia común e camiñar xuntos para
obter resultados certeiros para A Mariña. E nese camiño vai estar
sempre a Deputación”.
