A Surface Go estreará en España modelo con 4G a semana que vén
xoves, 15 de novembro do 2018
O
pasado verán chegou
a España a tableta Surface Go de Microsoft, que supón a porta de entrada a
esta familia de produtos que van medrar a semana que vén, xa que adiantan que o
22 de novembro van pór á venda a Surface Go con LTE Advanced, ou sexa, unha
versión da tableta con Windows 10 Pro que goza de conectividade 4G, o que
resulta moi práctico para traballadores que están sempre en constante movemento
e en contacto cos clientes, de xeito que non contan sempre con conectividade
Wi-Fi (e sen ter que esgotar a baterÃa do smartphone montando un punto de
acceso Wi-Fi co que compartir a banda larga móbil).
Esta nova Surface Go con LTE Advanced partirá dun prezo de 779 euros e
claramente está orientado a usuarios profesionais que queiran contar cunha tableta
compacta e transportable coa que poidan contar coas prestacións completas dun
ordenador persoal.