A USC impulsa un proxecto formativo internacional no eido do Big Data

venres, 3 de decembro do 2021 Anxo Sesto

O pasado martes 30 de novembro celebrouse un curso formativo para 25 docentes asiáticos coordinado pola Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE). Esta actividade formativa levouse a cabo grazas ao proxecto Elba, liderado e coordinado pola USC e tendo como obxectivo mellorar a capacidade e formación de investigadores e investigadoras asiáticos no ámbito do Big Data.
Este foi o primeiro dos tres cursos que está previsto desenvolver, sendo os restantes dous cursos para 60 profesores na Universidade Politécnica de Torino e para a Universidade Primorska de Eslovenia. Elba conta cun orzamento de case un millón de euros e céntrase principalmente en desenvolver habilidades relacionadas co ámbito do Big Data Analytics.
Durante as dúas semanas que durou a formación, o profesorado da USC, entre os que se atopan David E. Losada Carril, Paula López Martínez e Tomás Fernández Pena, desenvolveron un curso intensivo sobre Intelixencia Artificial, tecnoloxía de computadores, electrónica, etc. Tamén houbo sesións prácticas de programación, así como charlas sobre tecnoloxías de aprendizaxe profunda (Deep Learning), minería de textos e axentes conversacionais. A formación tamén incluía a visita do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS) e ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). Os anfitrións dos centros, mediante charlas e visitas detalladas das instalacións, exhibiron e mostraron o funcionamento e o potencial do entorno.
O proxecto Elba ten como obxectivo afondar no campo de Intelixencia Artificial para o tratamento de cantidades inxentes de datos. Preténdese dar formación a preto de 80 docentes de Asia Central mediante mobilidades organizadas por tres universidades europeas (USC, POLITO e Primorska). Sendo o CESGA o asesor técnico, unha cuarta parte da financiamento irá destinada para a creación de centros de Big Data nas dez universidades sociais de Asia Central.

PUBLICIDADE