A Xunta asignará máis de 12 millóns de euros para loitar contra a ciberdelincuencia
venres, 12 de novembro do 2021
O
Ciber.gal, o primeiro evento galego de ciberseguridade, chegou este
11 de novembro ao seu remate cunha inscrición de máis de 1.400
participantes, os cales puideron desfrutar tanto de paneis
interactivos como de conferencias e actividades sobre seguridade
dixital. Mar
Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de
Galicia (AMGTEGA), foi a encargada da clausura do evento xunto
cos reitores das Universidades de Coruña e Vigo entre outras
personalidades.
A
directora de AMTEGA indicou que a Xunta destinará unha partida de
máis de 12 millóns de euros para elaborar unha fronte común de
reforzo e loita contra a ciberdelincuencia.
Esta
destacou o traballo realizado de Galicia como comunidade pioneira en
materia de ciberseguridade coa posta en marcha do Nodo Galego de
Ciberseguridade, CIBER.gal. A esta estrutura de colaboración, creada
a mediados do 2020, unÃronse arredor de 40 entidades privadas, o
Centro Criptolóxico Nacional e outras entidades públicas e
privadas.
Grazas a
un acordo aprobado no Consello da Xunta, ampliarase a carteira
destinada a servizos de ciberseguridade. O Centro de Ciberseguridade
de Galicia tamén está en marcha, e albergará servizos
especializados como o Centro de Resposta a Incidentes (CSIRT.gal),
que leva en funcionamento dende o 2018 mitigando o impacto de
incidentes dixitais.
Outras
tecnoloxÃas como o 5G ou a Intelixencia Artificial veñen presentes
no programa da Estratexia Galicia Dixital 2030.
Na Cidade
da Cultura tivo lugar o evento Ciber.gal, no cal expuxéronse ideas
importantes para as empresas relacionadas co impulso da
ciberseguridade, as obrigas legais relacionadas con ela e os riscos
que corren.
Na tarde
do 10 de novembro, desenvolveuse tamén unha actividade dirixida á
cidadanÃa, a final do concurso Ciberseguridade no cole!
organizado por Telefónica; asà como Capture The Flag pola
Cátedra R. As actividades da segunda xornada estiveron destinadas á
administración pública coa participación do Centro Criptolóxico
Nacional, Marc Vidal e co debate dos máximos representantes
dalgunhas comunidades autónomas especializados no campo da
ciberseguridade.