A aplicación Máis Rianxo permite aforros e descontos a quen aposte polo comercio local rianxeiro
venres, 23 de xuño do 2023
A
Asociación Rianxeira de Empresarias compartiu este mes de xuño as
principais vantaxes e utilidades da súa aplicación móbil, a app
Máis
Rianxo, unha ferramenta que
en palabras da patronal permite importantes aforros aos seus usuarios
ao tempo que premia a súa fidelidade e garante o apoio de veciños e
visitantes ao comercio de proximidade.
Respecto
do seu funcionamento, posibilita aos usuarios a acumulación de
descontos cada vez que fan unha compra nos seus establecementos
favoritos, descontos que logo poderán ser empregados en futuras
adquisicións.
“Con
Máis Rianxo”, explican, unha parte “das nosas compras bonificarase e acumularase no
noso moedeiro virtual para que poidamos descontar o saldo obtido en
futuras compras”.
A
través da aplicación, que
tamén ten versión web, poderemos consultar os negocios que
ofrecen bonificacións e o noso saldo dispoñible en calquera
momento. Tamén poderemos obter información sobre promocións,
campañas e actividades que teñan lugar na vila e no concello
rianxeiro. A app está dispoñible para móbiles con sistemas
Android e iOS.
