A aula CeMIT de Ames presenta novos cursos telemáticos
luns, 18 de xaneiro do 2021
A aula
CeMIT do Concello de Ames inicia este 2021 coa programación de novos
cursos telemáticos para os meses de xaneiro, febreiro e marzo
dirixido a adultos. Esta aula formativa, situada na Casa da
Cultura de Bertamiráns, ten como obxectivo facilitar o acceso dos
veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que oferta.
Os cursos impartidos no
primeiro trimestre comezarán o día 25 de xaneiro co de edición de
imaxes con GIMP, de luns a xoves ata o 4 de febreiro, de 17:30 a
18:30 horas, que serve como curva de aprendizaxe de cara á edición
de imaxes a través dun programa de balde. De seguido, impartirase o
curso de deseño vectorial con Inkscape, para a realización de
carteis e logotipo, a partir do 8 de febreiro ata o 18, no mesmo
horario que o anteriormente citado.
Doutra banda, impartiranse
dous cursos de diferentes niveis sobre o procesador de textos con
LibreOffice Writer. Por un lado o primeiro curso de iniciación será
dende o 22 ata o 26 de febreiro, e o segundo, que profundará
no procesador de textos, irá do 1 ata o 5 de marzo, ambos no horario
de 17:30 a 19:00 horas.
Deste xeito, a aula
aberta
está dispoñíbel
de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas, para que tódolos
interesados poidan participar nos cursos dende o lugar en caso de non
dispoñer dos medios axeitados. Así, as persoas que se queiran
inscribir deben rexistrarse na rede CeMIT e dende aí tramitar a
inscrición. Se existise algunha dúbida, poderíase resolver
acudindo a Casa da Cultura de Bertamiráns ou poñerse en contacto a
través do teléfono 682 373 753 ou do enderezo de correo
electrónico: cemit.ames@xunta.gal