A axencia dixital Pekecha, distinguida nos Premios Son Muller

xoves, 30 de decembro do 2021 S. P.

Este mércores 29 de decembro celebrouse a cuarta edición dos Premios Son Muller, organizados pola Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo (AELU), un acto celebrado no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), no que colaborou a Deputación Provincial cunha achega de 3.500€.
Entre as iniciativas de emprendemento feminino distinguidas atopábase un dos grandes referentes do sector TIC galego: Pequecha Creatividade Dixital, firma impulsada por Verónica Ramallal e centrada en ámbitos como a mercadotecnia en liña, o deseño de webs e aplicacións móbiles, o deseño gráfico e as redes sociais.
O presidente José Tomé fixo saber que “os Premios Son Muller estanse convertendo nun referente para mostrar e pór en valor o excelente traballo que fan as mulleres da provincia de Lugo no ámbito do emprendemento e da empresa”. Amais, salientou o potencial deste certame para impulsar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, contribuíndo ao empoderamento das mulleres “e incentivando ás nenas e as rapazas para que loiten por acadar as súas aspiracións laborais”.
No acto tamén participaron a deputada de réxime Interior, promoción do territorio e turismo, Pilar García Porto, e o deputado de promoción económica e social, Pablo Rivera Capón, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, representantes da Xunta de Galicia e de Abanca, e a presidenta de AELU, Beatriz Varela.

4.500 euros en premios

Os premios Son Muller contan con 3 categorías diferentes: Son Emprendedora, Son Empresaria e Son Empresaria rural; entre as que se repartiron un total de 4.500 euros. Con este certame, a Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia busca “promover e defender os valores humanos, sociais e profesionais das mulleres na súa condición de empresarias, favorecendo a integración e o fomento do asociacionismo entre as empresarias, emprendedoras, executivas e directivas de empresas”.

Categoría Empresaria Rural
Castanae Repostería Artesana
Isabel Costas Vázquez
El Molino de Isabel
Adega de Cabanas
Embutidos Suarna
Categoría Empresaria
Pechecha Marketing Dixital
Montse Arias Costura
Academia A Mariña
Tenzas Enxeñaría e Asesoramento Legal
IMM Centros
Categoría Emprendedora
Epifacia Brand
Ultreia El Juego
Festigaleiros
Cabana das Chousas
Outonia.coop