A consola portátil de Logitech para xogar na nube chega a Europa
martes, 16 de maio do 2023
En setembro
Logitech anunciou
unha consola portátil orientada ao xogo na nube, a Logitech G Cloud Gaming
Handheld, que xa está á venda nos EE.UU., e que finalmente vai
venderse en Europa a partir do 22 de maio, desenvolvéndose este lanzamento
territorial até o 22 de xuño.
Os paÃses aos que vai chegar a curiosa consola son Reino Unido, Alemaña,
Francia, Italia, Noruega, Dinamarca, Suecia, Finlandia e España, e o prezo
recomendado da Logitech G Cloud Gaming Handheld é de 359 euros. Logitech
aproveita este lanzamento para incluÃr coa consola 6 meses de subscrición a
Xbox Game Pass Ultimate, 1 mes a nVIDIA GeForce NOW Priority e 1 mes de Shadow
PC, de xeito que os novos usuarios poderán gozar de varios servizos de xogo en
streaming para ver cal é o que máis se axusta aos seus gustos.
Lembremos que a Logitech G Cloud Gaming Handheld é unha consola portátil
baseada en Android, moi na liña do que serÃa a Nintendo Switch, que está equipada
cunha pantalla táctil Full HD de 7 polgadas, pesa 463 gramos e achega unha
baterÃa de até máis de 12 horas, aÃnda que cómpre salientar que o seu
procesador é moi básico (un Qualcomm Snapdragon 720G) polo que o seu uso para
correr xogos de Android non serÃa todo o satisfactorio que deberÃa, e o xogo en
streaming serÃa o único escenario que poderÃa xustificar a súa compra, aÃnda
que o seu prezo colócaa nunha posición moi complicada, xa que a Nintendo Switch
Lite en un prezo oficial de 219,99 euros, a Nintendo Switch con pantalla OLED
ten un prezo oficial de 349,99 euros e o modelo básico da Steam Deck custa 419
euros, ou sexa, que dispositivo moito máis capaces teñen prezos máis
competitivos.