A nova polÃtica de privacidade de Spotify desata unha polémica inxustificada
venres, 21 de agosto do 2015
Tras publicarse o que serÃa a nova polÃtica de privacidade
de Spotify, a reacción dos usuarios foi furiosa, temendo pola súa intimidade, o
que levou a que o
propio director xeral da compañÃa, Daniel Ek, a pedir perdón polo acontecido e publicar
un comunicado no que da conta do que pretenden realmente ao mudar as súas
condicións de uso.
Estamos ante o que parece un simple erro de comunicación, xa que na nova
polÃtica de privacidade indÃcase que Spotify pode pedir permiso para acceder a
novos tipos de información, como fotografÃas, localización do dispositivo,
controis de voz e contactos, pero resulta que iso non quere dicir que Spotify
faia acceder a tal información á forza, senón que permite que o usuarios decida
se quere conceder tal permiso á aplicación para permitir certas funcionalidades
nas que están a traballar.
Por exemplo, se autorizamos a Spotify a acceder ás nosas fotografÃas o que
significa é que facilitamos a utilización das imaxes que teñamos no noso
dispositivo móbil para, por exemplo, poder personalizar a portada dunha listaxe
de reprodución (o sistema nunca compartirÃa unha imaxe sen o permiso do
usuario); sobre a localización o sistema aproveitarÃa tal dato para realizar
recomendacións en función do tipo de música que estea de moda no noso contorno;
ao facilitar o acceso ás funcións de voz Spotify non espiará ao usuario, senón
que permitirá que en futuras versións se desenvolvan controis por voz da
aplicación; co acceso aos contactos pretende crearse unha funcionalidade para
poder buscar se algún dos contactos dos móbiles usa Spotify (Spotify non
importarÃa tal información sen permiso); e finalmente, tamén fanse mencións a
anunciantes, propietarios de dereitos de autor e operadores móbiles, que
simplemente indican que Spotify comparta certa información básica cos seus
socios para que poida funcionar axeitadamente o seu sistema publicitario, pero
en ningún caso significa que se ceda a información persoal dos usuarios a
terceiros.
En definitiva, que a polÃtica de privacidade simplemente axústase a
funcionalidades que van ir incorporando á aplicación de Spotify, e que
procurarán explicar mellor nunha nora redacción que publicarán nas vindeiras
semanas, para evitar a preocupación dos seus usuarios.