A primeira edición do certame Galetiktokers entrega os seus galardóns en Ames
martes, 22 de decembro do 2020
A
Concellería
de Mocidade e Normalización Lingüística de
Ames levou
a cabo este ano un novo certame centrado
na rede social TikTok,
que se resolveu
o pasado venres, 18 de decembro, no auditorio da Casa da Cultura do
Milladoiro. O
seu obxectivo foi
estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de
vídeos en galego con novos formatos e temáticas e dar visibilidade
á comunidade galega de tiktokers.
Deste xeito, participaron mozos de máis de 14 anos, de forma
individual ou en parella. Así, establecéronse 2 categorías. A
primeira estivo dirixida a nenos/as de entre 14 e 16 anos de idade,
mentres que a segunda categoría foi para mozos/as de máis de 17
anos.
Repartíronse
en total 4 premios (2 por cada categoría) con valor de 150 euros
cada un. As gañadoras da primeira categoría foron Lúa Ardións,
coa peza A
lingua polo que vale
e Alba Valladares Alonso máis Celia Porto Rodríguez polo traballo
Tempos
de COVID.
Na segunda categoría, recibiron o premio Raúl Liñares Domínguez,
pola peza Pasando
desapercibido,
e Iria Curros Espiño co traballo O
reencontro dos galegos.
A encargada de repartir os
premios foi Escarlata Pampín, a concelleira de Mocidade e
Normalización Lingüística, aínda que tamén asistiron ó acto as
técnicas de Normalización Lingüística, Rosa Moreiras, e de
Mocidade, Pilar Villaverde, ademais dos integrantes do xurado do
certame: os youtubeiros, o Aquel-e e Olaxonmario, e a
presentadora do programa da TVG Dígocho Eu, Esther Estévez.
O
que máis se valorou do certame foron os vídeos, tanto na forma como
no contido. Para iso, tivéronse en conta aspectos como a
orixinalidade, a creatividade, a claridade e a calidade lingüística.
Escarlata Pampín, destacou “a boa acollida que tivo esta nova
iniciativa posta en macha este ano”.