APD convoca 300 directivos galegos nunha xornada sobre dixitalización
martes, 23 de febreiro do 2016
A Asociación
para o Progreso da Dirección (APD) e Bankia organizan este 24 de
febreiro en Vigo a xornada Dixitalización da empresa,
Transformando o modelo de negocio. O encontro, que prevé
xuntar máis de 300 directivos de empresas galegas, será inaugurado
por Emilio Pérez Nieto, presidente da Asociación Galega de Empresa
Familiar (AGEF) e clausurado por Francisco Conde, conselleiro de
Economía. A cita será no Hotel Pazo dos Escudos de Vigo. O
obxectivo da xornada é explicar “como o impacto das novas
aplicacións dixitais está a condicionar os modelos de negocio e
reclamando un novo estilo de relación con clientes e provedores en
toda a cadea de valor das empresas”.
A apertura da xornada
virá da man de Santiago Sesto, director de APD a Zona Noroeste e
José Manuel García, director de Negocio de Empresas Norte de
Bankia. A sesión contará coas intervencións de Javier Sánchez,
director de Innovación en Layout Tecnolóxico de Bankia, Guillermo
Barrenechea xefe de Produto de B-TALENT, José Ángel Veiga, director
territorial de Galicia e Asturias de SATEC, Frances Pumarola,
responsable dixital de Hijos de Rivera, Pilar Santamaría, directora
da Unidade de Negocio de Cloud + Enterprise de Microsoft, Francisco
Lázaro, xefe de Seguridade da Información de RENFE, José Alberto
de la Parte, director de Proxectos Estratéxicos de Zabala e Celso
Rodríguez, director Centro de Empresas de Vigo Bankia.
