Aberto o prazo para presentar propostas ao Culturgal máis innovador
mércores, 4 de setembro do 2013
Comezan xa os preparativos da gran feira da cultura
galega, Culturgal, que como
cada ano amosa o máis salientable das novidades da nosa industria
e, no que aos lectores de Código Cero se refire, os moitos acubillos
tecnolóxicos nos que se afianzan, amosan e distribúen os nosos
produtos culturais de mercado. Culturgal 2013, para os que non o
saiban, celebrarase unha vez máis en Pontevedra, do 29 de novembro
ao 1 de decembro. Arestora, segundo
se informa na Rede, xa está aberto o prazo (ao longo dun mes)
para recibir propostas de proxectos e actividades. O prazo remata
pois o 3 de outubro.
ata ese dÃa, a organización da feira estudará e
valorará as achegas que fagan empresas, colectivas, profesionais,
creadores ou entidades culturais de diversa Ãndole, facendo fincapé
no factor innovación que, en maior ou menor medida, será común a
todas as propostas. A idea é crear unha lanzadeira de novas
iniciativas que sexa, perante o mundo, unha xanela común e
simultánea. A páxina da feira, unha conta atrás, amosa tamén as
metodoloxÃas empregadas para participar nesta edición.
