Adamo xa ten conectados 1.000 núcleos de menos de 500 habitantes á súa rede de fibra óptica na España baleirada
xoves, 16 de abril do 2026
Adamo leva preto de unha década revolucionando as comunicacións das áreas rurais. AsÃ, a empresa marca un novo fito neste ámbito tan delicado desde as perspectivas demográfica, social e económica, ao ter xa conectados 1.000 pobos con 500 habitantes ou menos á súa rede de fibra óptica de alta capacidade na España baleirada, moitos deles pertencentes a Galicia, principalmente á provincia de Lugo, onde Adamo ten unha importante presenza (está en máis de 50 concellos e abrangue máis de 100.000 fogares).
Nesta zona de cobertura de Adamo residen uns dous millóns de persoas formando parte do mundo rural, que rolda os oito millóns de moradores no seu conxunto, segundo calculan os expertos.
Tendo en conta que existen un total de 2.652 núcleos con ata medio milleiro de veciños, segundo datos do Instituto Nacional de EstatÃstica (INE) e da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Adamo proporciona conectividade telefónica e dixital en case o 40% desas poboacións (as citadas 1.000), cuxa inmensa maiorÃa atópase situada en zonas rurais da práctica totalidade das comunidades autónomas peninsulares.
Estes logros forman parte do compromiso de Adamo co rural: un desafÃo que comezou hai xa anos despregando fibra óptica nas zonas que, por un motivo ou outro, resultan máis desfavorecidas e segue insistindo na súa aposta polos lugares menos poboados, peor comunicados e con maiores necesidades de conexión. Como resultado, o operador suma 2.400 municipios con servizo da internet ultrarrápida (o que significa que está presente en case un de cada tres concellos españois), tras despregar máis de 70.000 quilómetros de cable en apenas oito anos.
Asà mesmo, é preciso subliñar que Adamo proporciona Internet ultrarrápida de ata 1 GB, a velocidade máxima habitual de conexión que pode atoparse en calquera gran cidade, por exemplo, en Barcelona ou en Madrid, e que hoxe está ao dispor deses 1.000 pobos con menos de 500 veciños.
