Apple pon á venda en España o iPhone 5C de 8 Gb
mércores, 16 de abril do 2014
Hai preto dun mes a tenda en liña de Apple renovouse eliminando
o vello iPad 2 e substituíndoo sen custo adicional por o iPad con pantalla
Retina (tamén coñecido como iPad 4), pero nalgúns países a actualización
serviu tamén para incorporar unha nova capacidade o iPhone 5C, que nas últimas
horas chegou tamén a España, de xeito que xa é posible mercar en cor
branca, rosa, amarela, azul ou verde en capacidade de 8 Gb por 549 euros.
As versións de 16 e 32 Gb continúan a venderse por 599 e 699 euros
respectivamente.
Resulta un tanto rechamante que Apple non modifique a estrutura de prezos deste
terminal que non está a conseguir a aceptación comercial que se esperaba, sendo
a meirande parte dos usuarios máis partidarios do iPhone 5S á hora de facerse
cun móbil libre, pois a diferenza de prezo entre ambos terminais é moi
reducida, cando en prestacións mudan bastante.
- O iPhone 5C de 8 Gb chega a España a un prezo de 549 euros