As máis destacadas tecnoloxÃas para a transformación empresarial, ao detalle nun novo seminario online
martes, 16 de marzo do 2021
Ferreira
DapÃa Tech Consultant and Events e o Club Empresarial e Executivo de
Galicia (CEEG) organizan este 18 de marzo ás 18.00 horas un
seminario online sobre as ferramentas informáticas que van
marcar un antes e un despois na transformación do tecido produtivo,
ferramentas que no contexto da pandemia incrementarán a súa
presenza e a súa proxección. Estamos a falar da xornada TecnoloxÃas
disruptivas e o seu papel na dixitalización empresarial. O
evento retransmitirase por streaming a través da canle do
CEEG en Youtube.
Intervirá
José Delgado, director executivo (CEO) de Qaroni e PLAAM que falará
sobre tendencias, actores lÃderes, tecnoloxÃas revolucionarias e o
papel que estas desempeñan na dixitalización empresarial. Fará un
repaso sobre como a Intelixencia Artificial, a cadea de bloques
(blockchain) ou a Realidade Aumentada poden achegar valores ás
empresas, e de que forma están ao seu alcance dunha maneira
sustentable dende o punto de vista económico.
