As mulleres tech serán as protagonistas da Ourense ICC Week
xoves, 22 de marzo do 2018
En maio, do 2 ao 5, chega unha das grandes citas
galegas coa creatividade e a innovación, a cuarta entrega da Ourense
ICC Week. O evento sobre industriais culturais e creativas de
Ourense, organizado pola Deputación, contará novamente (coma nas
anteriores edicións) cun importante recanto adicado ás novas
tecnoloxÃas da información. Desta volta, o recanto das TIC
enriquecerase e cubrirá novos horizontes coa entrada en xogo dunha
óptica feminina: a das mulleres tech. Trátase
da xornada Unha viaxe cara a Sociedade do Coñecemento,
prevista para o 4 de maio.
Neste encontro coa cultura dixital participarán
mulleres referentes e expertas en tendencias de máxima actualidade
como por exemplo a realidade virtual, a realidade aumentada, o mundo
do software, a chamada gamificación (aplicar en
actividades da vida real metodoloxÃas propias dos videoxogos,
estimulando a creatividade e a cooperación) ou a economÃa
colaborativa.
Nesta xornada de mulleres tech, Sara
RodrÃguez, Cynthia Gálvez e Luz Castro contarán de primeira man o
que están a facer e mostrarán o que está por vir en materia de
tecnoloxÃas e, por suposto, en materia de tecnoloxÃas impulsadas
dende o ámbito feminino e con vontade de romper calquera fenda de
xénero, incluÃdas as dixitais.
Por outra banda, na mesma xornada do 4 de maio o
presidente da AGAG (Asociación Galega de Guionistas), Nico Campos,
falará das novas sobre o futuro dos contidos, os guións e a
dirección, achegando as vivencias do sector da man da da directora e
escritora, Gracia Querejeta, autora de filmes tan destacables como A
derradeira viaxe de Robert Rylands ou a máis recente Felices
140.
