As prácticas seguras no uso das TIC centran una xornada no Gaiás
luns, 30 de maio do 2016
A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria organiza
mañá na Cidade da Cultura de Galicia a xornada CidadanÃa e coñecemento dixital, un encontro no que máis de 500
estudantes de ESO afondarán nos atractivos das TIC, nas potencialidades que
teñen para o seu desenvolvemento como profesionais no futuro, asà como nun uso
responsable das mesmas, na mesma liña na que xa se traballa en colaboración co
Colexio Profesional de EnxeñerÃa Informática de Galicia (CPEIG) co programa Navega con Rumbo.
Asà mesmo, tratarán de fomentar as vocacións tecnolóxicas da rapazada, as
coñecidas como STEM (Ciencia, TecnoloxÃa, EnxeñerÃas e Matemáticas), co fin de
mellorar o Ãndice de coñecemento xeral en ciencia e tecnoloxÃa, asà como de
alumnos de titulacións destes eidos. Neste sentido cómpre lembrar que o Estudo
sobre os factores influentes na elección de estudos cientÃficos, tecnolóxicos,
enxeñerÃas e matemáticas en Galicia indica que o Ãndice de titulados nas
Universidades galegas en estudos relacionados co ámbito cientÃfico tecnolóxico
non será suficiente nos próximos 5 anos para cubrir a demanda de profesionais
do sector TIC, xa que só un 8,5% dos alumnos matriculados no sistema
universitario galego cursa carreiras do ámbito cientÃfico tecnolóxico. Polo
tanto, búscase promover estas ensinanzas, coincidindo coa crecente demanda de
emprego no sector TIC a nivel rexional, estatal e europeo.
A cita desenvolverase no complexo do Gaiás a partires das 10 horas e estruturarase
arredor de obradoiros e de diferentes charlas, especialmente estas en materia
de seguridade no emprego da internet e, concretamente, das redes sociais. Os
obradoiros serán impartidos por profesionais do Colexio de Enxeñeiros
Informáticos de Galicia, por alumnado do último curso da enxeñerÃa en
Telecomunicacións da Universidade de Vigo baixo a dirección dos seus profesores
universitarios, no marco dun programa de mentorización de alumnado e fomento
das vocacións cientÃfico-tecnolóxicas e por un grupo de alumnos de ESO do IES
David Buján, baixo a coordinación do seu profesor José Viñas (Cambre, A
Coruña).
Os medios de comunicación interesados en cubrir o acto poderán achegarse ao
Gaiás e presenciar o desenvolvemento dos obradoiros. Os rapaces participantes
proceden de 10 centros: os IES Valadares (Vigo), Teis (Vigo), Vilalonga
(Sanxenxo), Laxeiro (LalÃn), Blanco Amor (Ourense), A Basella (Vilanova de
Arousa), As Mariñas (Betanzos), Agra das RaÃces (Cee), e os CPI Atios
(Valdoviño) e Castroverde (Castroverde).
Colaboración do CPEIG e coa Universidade de Vigo
No caso do Colexio Profesional de EnxeñerÃa Informática de
Galicia, ofrecerán actividades para achegar ao alumnado á linguaxe de
programación SCRATCH, unhas ensinanzas que este curso xa se imparten en 10
centros educativos da rede Abalar ao abeiro de Programación nas escolas, en colaboración co CPEIG.
Asà mesmo, traballarase cos LEGO
Mindstorms, uns xoguetes de robótica cos que se pode avanzar sobre teorÃas
e operacións básicas neste eido, como a construción destes robots e programación
de accións sinxelas.
Pola súa parte, o alumnado de último curso de EnxeñarÃa de Telecomunicación da
Universidade de Vigo actuará como mentor
dos rapaces e rapazas que asistan aos seus obradoiros nesta xornada, a través
de actividades coas que tratarán de fomentar as súas vocacións tecnolóxicas,
poñéndose a si mesmos e ás actividades que desenvolven na facultade como
exemplo.
Experiencias dos alumnos
Por outra banda, o profesor José Viñas, do IES David Buján (Cambre) coordinará, durante a xornada a presentación dos traballos e proxectos que se desenvolven no seu centro, tanto no marco do traballo de aula como no club de ciencia. Amais de amosar diferentes proxectos de investigación e de Ciencia Cidadá, tales como as aplicacións móbiles realizadas polo propio alumnado para diversas investigacións tanto galegas como nacionais e internacionais, ou o uso de microcontraladores como Makey-Makey na creación de dispositivos electrónicos e dixitais, participará tamén Eduardo Santos, estudante deste centro que recreou con materiais reciclados o robot da pelÃcula A Guerra das Galaxias, R2-D2, explicando a xestación e realización do proxecto.
