Balidea colabora con Castela e León nas campañas e cribados anti-COVID

mércores, 24 de marzo do 2021 Sandra Rivadulla

A empresa galega Balidea está a colaborar coa Xerencia Rexional de Saúde de Castela e León (SACYL) no desenvolvemento de diversos proxectos relacionados coa COVID-19, entre os que destacan VACO e CRCO. Ditos sistemas pretenden axudar a planificar e xestionar as campañas de vacinación, así como os cribados selectivos con antíxenos.
O sistema VACO contén ferramentas de axuda para facilitar a comunicación, pois envía un recordatorio SMS ás persoas destinatarias da vacina. Tamén inclúe un rexistro seguro da administración das doses a través da integración dun sistema poblacional HCE, así como un de saúde pública, proporcionado polo Ministerio. Doutra banda, o sistema CRCO destínase ás campañas de cribado COVID-19, facilitando a identificación de pacientes, o número de persoas non aseguradas no sistema público de saúde, o rexistro de resultados, etc.

PUBLICIDADE