CONCITI asina un convenio de colaboración co despacho de avogados Pintos & Salgado
martes, 11 de novembro do 2014

- VÃctor Salgado, de Pintos & Salgado Abogados, nunha charla sobre Dereito 2.0
Seguindo coa súa vocación de defensa e asistencia da
profesión en España, o Consello Xeral de
Colexios Oficiais de EnxeñarÃa Técnica en Informática (CONCITI) vén de
asinar un importante convenio de colaboración co bufete Pintos & Salgado Abogados,
firma coruñesa de referencia en Dereito das TIC.
Con este convenio, CONCITI pretende asegurar a mellor cobertura
xurÃdica nunha área tan complexa e cambiante como o son, hoxe en dÃa, as
tecnoloxÃas da información. A devandita cobertura, non só beneficiará á propia
entidade senón a todos os Colexios Profesionais do territorio nacional e, en
definitiva, aos propios enxeñeiros colexiados que se enfrontan a dúbidas
normativas no exercicio da súa profesión.
Asà mesmo, Pintos & Salgado Abogados non só prestará
asesoramento senón que contribuirá aos importantes labores divulgativos e de
sensibilización do CONCITI, tanto aos profesionais como á sociedade en
xeral, para un uso responsable das tecnoloxÃas e dos riscos e oportunidades
asociados con elas.
Para Marcos Mata, Presidente de CONCITI, "este convenio permÃtenos
gozar da mellor asesorÃa xurÃdica en materia de tecnoloxÃas da información, o
cal redundará na mellora da xestión dos procesos internos, e posibilitaranos
dar mellor resposta aos Colexios Profesionais de EnxeñarÃa Técnica Informática.
Chegar a este acordo ademais cun bufete de referencia e do prestixio de Pintos &
Salgado é todo un respaldo á representación dos profesionais da informática e á
xestión do Consello Xeral".
Para VÃctor Salgado, Socio-Director de Pintos & Salgado
Abogados, "é unha honra para nós asinar este convenio co CONCITI e
agradecemos especialmente a confianza depositada no noso bufete. Este enmárcase
no compromiso que, dende fai xa máis de 15 anos, temos na difusión e
sensibilización ante os riscos e as oportunidades da Rede, asà como do
coñecemento dos nosos dereitos e do uso responsable das novas tecnoloxÃas na
sociedade. Este acordo con CONCITI permÃtenos facelo, ademais e de
xeito directo, no especial ámbito dos profesionais da enxeñarÃa técnica
informática, cun papel clave nesta Sociedade do Coñecemento".
