Chega Prestogal a Compostela, un novo xeito de emprender e partillar
venres, 29 de xaneiro do 2016
Como
ben dicÃa o director de cinema italiano P.P. Pasolini, o grande mal
que nos afecta (alén da pobreza e da explotación) é a perda de
singularidade humana por mor do consumismo. Para facer fronte ao
consumo excesivo que nos azouta nesta sociedade capitalista na que
nos movemos, xorde o movemento do consumo
colaborativo, unha mudanza cultural e
económica nos hábitos de consumo individualizado cara a novos
modelos potenciados polos medios sociais e as plataformas de tipo
peer-to-peer
(rede-entre-pares ou rede-entre-iguais). Emporiso, damos
conta do nacemento dunha plataforma
web pública con filosofÃa solidaria e feitura colaborativa,
estamos a falar de Prestogal, un espazo web
que quer promover e potenciar o consumo colaborativo na nosa cidade.
Facer máis doado o intercambio, empréstamo e cesión de recursos
entre os veciños e veciñas da cidade.
Na
mañá de onte presentábase este proxecto no local Hervor
& Fervor xunto á concelleira de
PolÃticas Sociais, Concha Fernández, traballadoras sociais,
representantes da Asociación
de Veciñas e Veciños As
MarÃas e seis traballadoras de
Promove, a empresa compostelá encargada de deseñar, adaptar e
introducir o
formato-modelo previo de Prestogal ao ámbito do concello
compostelán.
Pola
súa banda, o Concello de Santiago,
apostou por esta idea de cara a impulsar o cambio cara a unha sociedade
mais sostible e solidaria comezando dende o eido local, asà ponse
en marcha o Prestogal veciñanza.
A quen vai encamiñado este
programa? Pois vai dirixido ás asociacións veciñais, para que
sexan as persoas socias as que poidan acceder ao uso da plataforma.
Deste xeito, non só se fortalece a relación entre as persoas que
forman parte da asociación, senón que serve de estÃmulo para que
outras persoas do bairro se asocien.
Asemade, o persoal da área
de PolÃticas Sociais que fai a intermediación con persoas sen
recursos do concello terá un perfil de usuario na plataforma para
lanzar peticións que poidan ser respondidas por veciños e veciñas
solidarias de Compostela.
Un convenio asinado entre o Concello e a
Asociación veciñal As MarÃas,
permitirá que a ferramenta bote a andar entre a veciñanza das rúas:
EspÃrito Santo, Basquiños, Pastoriza, Santa Clara, San Roque,
Oviedo, Avda. de Coimbra, Avda. de Salamanca e Praza de
Ultreia.
Amais da ferramenta web, o proxecto piloto repara tamén
na identificación e implicación dos responsables dos Puntos
Prestogal no bairro, que poderán ser establecementos de hostalerÃa,
comercios ou centros socioculturais que sirvan de puntos de encontro para facer as cesións, os empréstamos ou os intercambios. O
primeiro punto Prestogal identificado no bairro é o
local de hostalerÃa
Hervor&Fervor.
Engadir
que os puntos Prestogal
estarán identificados cun letreiro na porta, e no interior do
establecemento haberá uns flyers
explicativos do proxecto.
