Chega a España o LG G Watch R
martes, 4 de novembro do 2014
AÃnda que o Moto 360 logrou destacar como o primeiro
smartwatch con pantalla circular, a súa pantalla conta cunha sección negra que
afea o produto, o que LG conseguiu evitar co seu LG G Watch R, reloxo con
Android Wear que estaba previsto
que chegase ás nosas tendas o mes pasado a un prezo de 299 euros, e
finalmente chega
agora a un prezo un chisco inferior (279 euros) conseguindo destacar tanto
pola súa pantalla que debuxa un cÃrculo completo, como por adoptar un deseño
clásico de aceiro inoxidable e aluminio como os reloxos de pulso tradicionais
e, de feito, permite o uso de correas estándar de 22 milÃmetros.
LG busca con este smartwatch chegar
non só ao público early adopter que
quere probar o último en tecnoloxÃa, senón tamén aos que se preocupan pola
estética e a moda, e que claramente nin queiran agardar polo Apple Watch nin
queiran limitarse a un smartphone de Apple (xa que o LG G Watch R funciona con calquera
dispositivo con Android 4.3 ou superior).
O reloxo é resistente á auga e ao po, e conta cunhas prestacións técnicas
notables para un dispositivo das súas dimensións, xa que tras a súa pantalla
P-OLED de 1,3 polgadas cunha resolución de 320 x 320 pÃxeles agocha un
procesador Qualcomm Snapdragon 400 a 1,2 GHZ, 512 Mb de RAM, 4 Gb de
almacenamento interno, pulsÃmetro óptico, barómetro, xiroscopio, acelerómetro,
compás e unha baterÃa de 410 mAh.
- O LG G Watch R é un dos poucos smartwatches que consegue ter unha aparencia semellante á dun reloxo de pulso