Chega dende o Portal da Lingua un concurso para homenaxear a Xela Arias
luns, 11 de xaneiro do 2021
A
Secretaría
Xeral de Política Lingüística vén
de convocar un concurso co que pretende homenaxear a Xela Arias, a
autora premiada no Día das Letras Galegas neste ano 2021.
Os participantes deberán elaborar unha exposición sobre as obras,
época e lingua da autora. Poderán presentarse no concurso os
centros docentes de ensino público non universitario que dependan da
Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Esta
actividade será unha das iniciativas do Portal da Lingua,
www.lingua.gal, para celebrar as
nosas letras neste ano entrante.
En
total, concederanse dous premios, un por cada categoría
participante. A categoría A será válida para os nenos e nenas que
estuden educación infantil e primaria, mentres que na categoría B
loitaran os mozos/as de educación secundaria obrigatoria,
bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
O centro gañador recibirá un premio de 2.000 euros por cada
categoría.
Tamén
poderán participar os profesores dos establecementos escolares. De
feito, aqueles que participen de forma activa no proxecto, recibirán
unha certificación. Polo primeiro premio, se lles concederá un
título de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de
formación permanente (30 horas para os coordinadores).
En
todo momento cumpriranse as medidas sanitarias e os protocolos COVID
– 19. Por iso, os traballos da exposición serán de 2 formas
diferentes. Poderanse realizar 10 carteis, de 70 por 50 centímetros,
en disposición vertical (todos deben incluír a frase DÍA
DAS LETRAS GALEGAS 2021
e o nome da autor/a) ou unha guía didáctica dunha extensión máxima
de 32 páxinas, que conterá unha serie de actividades para cada
cartel (incluirá portada e contraportada, índice, biografía e
bibliografía). Os traballos serán orixinais, con técnica libre e
cores a elixir. As imaxes deben levar citas textuais e os materiais
audiovisuais teñen que ser de balde.
Todos
aqueles centros que se queiran presentar, terán que facelo antes do
día 1 de marzo. As categorías seleccionadas serán impresas en
formato dixital e publicadas no Portal da Lingua Galega da Secretaría
Xeral de Política Lingüística.