Comeza a conta atrás para o Foro Empresa e IA de Vigo

mércores, 20 de maio do 2026 S. P.

O vindeiro mércores 10 de xuño Quincemil e NTT DATA organizan o Foro Empresa e Intelixencia Artificial de Vigo, co lema Unha transformación intelixente e sostible. Desenvolverase a partir das 18.00 horas na Sede da Zona Franca de Vigo (no 46 da rúa do Areal) contará coa colaboración do centro tecnolóxico Gradiant, referente en desenvolvemento de novos proxectos tecnolóxicos avanzados e en transferencia cara as empresas.
O programa completo será desvelado a longo dos vindeiros días.
Participarán na benvida institucional Pablo Grandío, director de Treintayseis, e David Regades, delegado da Zona Franca de Vigo. Na axenda provisional inclúese unha charla a cinco voces con empresas punteiras galegas baixo o epígrafe O impacto da IA nas empresas de Vigo. A cita rematará ás 20.30 horas cun cóctel e cunha xeira de networking.
Será un foro (un espazo de diálogo do tecido empresarial do sur de Galicia) para coñecer as últimas tendencias de intelixencia artificial aplicada á empresa na área metropolitana de Vigo.