Compartaxi, a aplicación para compartir taxi, xa está dispoñíbel en Vigo

xoves, 15 de xullo do 2021 Sandra Rivadulla

Compartaxi, a aplicación para compartir taxi, xa está dispoñíbel en Vigo. A ferramenta será presentada tamén na Coruña este venres 16 de xullo.
En termos xerais, a ferramenta para dispositivos Compartaxi permite tanto pedir como compartir un taxi, abaratando o seu custo. O alcalde da cidade viguesa, Abel Caballero, destacou na presentación do desembarco na localidade da ferramenta “a importancia dun modelo moderno e distinto de prestar un servizo no que se aproveita máis o espazo e se abarata para os usuarios, ao tempo que posibilita aumentar o traballo”.
O alcalde explicou o papel “primordial” do taxi na cidade e dedicou unhas verbas a Manuel Chorén – presidente ata entón da Central Radio Taxi-, a quen definiu como “un home de gran importancia nesta cidade, polo seu traballo e a forma de dirixir unha profesión tan importante”. Doutra banda, os promotores sinalaron á cidade de Vigo coma una das cidades punteiras de España para levar a cabo negocios de esta índole.

PUBLICIDADE