Connecting for Good Galicia outorga 35.000 euros aos mellores proxectos innovadores da súa terceira edición
xoves, 30 de maio do 2019

- Imaxe de Elena Polo do acto que tivo lugar esta mañá na Cidade da Cultura
O programa Vodafone Connecting for Good Galicia, impulsado
por Vodafone e a Xunta de Galicia co obxectivo de desenvolver iniciativas
emprendedoras de innovación social dixital, concedeu
hoxe 35.000 euros aos mellores proxectos tecnolóxicos da súa convocatoria 2018.
Estes recoñecementos foron outorgados no acto de clausura da terceira edición
do programa, que tivo lugar esta mañá na Cidade da Cultura.
Os seis proxectos participantes da súa terceira edición foron Atlante Medical,
CropDeal, Feedcoo, Fisioadvisor, MyOpen e Quiero
un abuelo. Destes seis proxectos, a Xunta de Galicia, a través da Axencia
Galega de Innovación (GAIN), concedeu unha axuda de 25.000 euros ao mellor
proxecto da convocatoria polo seu carácter innovador, traballo en equipo,
aproximación ao mercado e aproveitamento do programa na súa execución e posta
en marcha. O proxecto elixido foi Atlante Medical, un proxecto orientado ao
sector da medicina e baseado na obtención de modelos tridimensionais, que ten o
obxectivo de proporcionar directamente ao profesional médico un produto final
fÃsico, extraÃdo do modelo tridimensional do paciente, co que diagnosticar ou
tratar, aumentando a precisión e reducindo os tempos de espera e de tratamento.
Ademais, Fundación Vodafone España outorgou o Premio Conectados pola Accesibilidade ao proxecto Quiero un abuelo con 10.000 euros, por ser o que mellor incorporou
os Principios de Accesibilidade Universal. Quiero
un Abuelo é un proxecto interxeneracional para conectar a persoas maiores
con nenas e nenos, co obxectivo de paliar a soidade das persoas maiores e as
dificultades de conexión coas novas xeracións.
Todos os proxectos participantes recibiron o diploma acreditativo e un
patrocinio de 2.000 euros cada un tras completar o programa de formación e mentoring que se impartiu no espazo Vodafone
Connecting for Good, situado no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.
