Crazy Taxi volve ás consolas en novembro

xoves, 14 de outubro do 2010 Marcus Fernández

O clásico de Dreamcast Crazy Taxi, que nos últimos anos pasou por múltiples plataformas mantendo viva esta divertidísima saba de condución, adáptase agora á alta definición nunha versión descargable para Xbox 360 e PlayStation 3 que sairá á venda en novembro e que contará con gráficos a 720p con aparencia panorámica (16:9) respectando á perfección o resto de detalles do xogo orixinal.
O xogo presentará 2 modos de xogo (orixinal e arcade) e chegará ao Bazar de Xbox LIVE Arcade e á PlayStation Network o vindeiro 24 de novembro a un prezo de 800 puntos de Microsoft e 7,99 euros respectivamente. Nesta renovación de Crazy Taxi incorpóranse tamén os logros/trofeos, coma vén sendo habitual neste tipo de revisións.


A nova revisión de Crazy Taxi contará con gráficos panorámicos

PUBLICIDADE