Cuntis, Moraña, Portas e Barro xuntan forzas por unha Rede segura para a rapazada
venres, 12 de xuño do 2026
Os concellos de Cuntis, Moraña, Portas e Barro e máis a Unión Nacional de Asociacións Familiares (UNAF) veñen de xuntar forzas para traballar este verán por unha Rede segura, poñendo o foco nos menores de idade. Farano a través do proxecto de prevención de condutas aditivas os ditos concellos e dunha sesión formativa dirixida a familias.
Impartida por persoal especializado da UNAF (Unión de Asociacións Familiares), este obradoiro achegará ferramentas clave para entender e xestionar o uso das TRIC (Tecnoloxías da Información, Comunicación e Relación) na casa.
A cita será o vindeiro mércores, 17 de xuño en horario de tarde, de 16.00 a 17.30 horas, e levarase a cabo en formato online. As inscricións están abertas e pódense formalizar na Rede.
Trátase dun obradoiro de balde que se desenvolve baixo o epígrafe Falar protexe. Prevención de riscos en entornos dixitais. Trátase dunha formación dirixida a informar e achegar ás familias recursos para promover un uso seguro, beneficioso e consciente das novas ferramentas.
“As novas tecnoloxías forman parte do día a día da infancia e da adolescencia, pero tamén é fundamental coñecer os riscos asociados ao seu uso e aprender a acompañar aos nosos fillos e fillas nun entorno dixital seguro”, explican dende o Concello de Portas.
O taller está dirixido a nais, pais e persoas titoras.
